viernes, 29 de noviembre de 2013

Nesta semana, o equipo Prusabrañas, non se reuniu para seguir cos traballos de montaxe da impresora (problemas de exames), realizándose, tan solo, traballos de preparación e axustes das pezas montadas.

Un dos problemas atopados é o movemento do soporte do extrusor polas varillas do eixe X que ofrece bastante resistencia e o motor móvese con dificultade e producíndose atascos. Será necesario ver como disminuir esa resistencia.

Na próxima semana, se os exames o permiten, xuntarémonos de novo para seguir coa parte final da montaxe.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Terceiro día de traballo

Este terceiro día de traballo trouxo consigo unha serie de pequenos problemas, como por exemplo pezas que non encaixaban da forma correcta e as cales os alumnos tiveron que modificar. Aínda así os alumnos de 1º de Bach conseguiron continuar de forma favorable co proxecto da impresora 3D e avanzaron no montaxe do eixe X,Y e Z e na montaxe do extrusor.


lunes, 18 de noviembre de 2013

Segundo día de traballo

No segundo día de traballo os alumnos de 1ºBach que van fabricar a impresora 3d continuaron co seu proxecto.
Nesta segunda sesión, o obxetivo inicial era de conseguir realizar a montaxe da base da impresora. Dito obxetivo foi logrado con éxito e os alumnos avanzan no seu proxecto.

Foto da base da impresora 3D xa montada

lunes, 11 de noviembre de 2013

Primeiro día de traballo

O xoves 7 de novembro tivo lugar a primeira reunión do grupo de alumnos de Tecnoloxía Industrial 1º bach formado para a montaxe da impresora 3D.
Nesta reunión os alumnos tiveron un primeiro contacto cos materiais que van a empregar para a fabricación da impresora 3D, comezaron a entender o funcionamento dos programas informáticos precisos para o funcionamento da impresora e ademáis realizaron unha proba cos motores e cas tarxetas.
O próximo Xoves continuarán co traballo para poder montar a PrusaBrañas. 


Foto do Grupo de alumnos de 1ºBach no primeiro día de traballo.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Posta en marcha da montaxe impresora 3D

IMPRESORA 3D: PRUSABRAÑAS


Xa esta en marcha o grupo de alumnos de Tecnoloxía Industrial 1º bach formado para a montaxe da impresora 3D.

  •   Compoñentes do equipo:

      • Manuel Fidalgo Pombo
      • Xabier González Barca
      • Jorge Guillamet Suárez (portavoz)
      • José Muñiz Tuset
      • Manuel Pereira Pallas
      • Aarón Suárez Remuiñán
  •   Profesor/coordinador:

      • Manuel Vázquez Pallas
  •  Primeira reunión: xoves 7 de novembro
      • Revisión de material recibido
      • Recoñecemento de programas
      • Proba de hardware: tarxetas e motores.