jueves, 26 de diciembre de 2013

Na última semana, antes das vacacións, rematouse coa montaxe da impresora e fixemos as primeiras probas co extrusor e imprimindo algunha peza.

No extrusor quedaba pendente de montar o hotend porque necesitabamos colocar unha peza para encher o oco do extrusor xa que o hotend era dos planos. Para conseguir a peza, solicitamos axuda ós veciños do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para que coa súa Imprusiño nos fabricaran a peza, cousa que lles agradecemos e deixamos constancia de que unha parte da Prusabrañas foi elaborada pola súa impresora. Este foi o resultado.

Hotend coa peza acoplada
Colocado o hotend, tan solo faltaban os finais de carreira, axustar algún parafuso e iniciar o proceso de proba de funcionamento (eran momentos de certa tensión). Con todo aquel caos de cables, que máis adiante haberá que ordenar, a Prusabrañas ten este aspecto.


A primeira proba foi ver se funcionaba o hotend, con resultado positivo, saía o plástico de forma correcta, logo pasamos a facer unha peza, ahí xa empezaron a verse cousas raras como era o desprazamento de capas e liñas fora do sitio. Haberá que ver cal é o problema e seguir coa posta a punto. Estes foron os resultados, preme na imaxe para ver o vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=-STxDW3IMz0&feature=youtu.be


A volta das vacacións poñeremonos de novo co proxecto, agora toca descansar.


jueves, 12 de diciembre de 2013

Este Xoves non poidemos reunirnos para continuar co traballo da impresora, por culpa dos exames, sí o fixemos na semana pasada e nese día  fíxose a montaxe de toda a estructura e arranxaronse algúns problemas e detalles da montaxe que non estaban colocados de forma correcta, como pasaba no eixe X que se movía con moita dificultade porque rozaba na peza que van os rodamentos, pero unha vez eliminado ese roce xa se deslizaba mellor. O final fixose unha proba do funcionamento dos motores manexados coas ordes mandadas dende o programa do ordenador, respondendo moi ben.

Agora, para a próxima reunión, queda colocar o hotend no extrusor, que non foi colocado porque queremos acoplar unha peza cilíndrica no oco do extrusor, pois o hotend que temos é dos planos; para logo probar o resto dos compoñentes para ver como funciona toda impresora en conxunto. Ata o momento non houbo grandes problemas, xa veremos como vai o resto da montaxe e o funcionamento.



Imaxe da montaxe da impresora ata o momento.