jueves, 26 de diciembre de 2013

Na última semana, antes das vacacións, rematouse coa montaxe da impresora e fixemos as primeiras probas co extrusor e imprimindo algunha peza.

No extrusor quedaba pendente de montar o hotend porque necesitabamos colocar unha peza para encher o oco do extrusor xa que o hotend era dos planos. Para conseguir a peza, solicitamos axuda ós veciños do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para que coa súa Imprusiño nos fabricaran a peza, cousa que lles agradecemos e deixamos constancia de que unha parte da Prusabrañas foi elaborada pola súa impresora. Este foi o resultado.

Hotend coa peza acoplada
Colocado o hotend, tan solo faltaban os finais de carreira, axustar algún parafuso e iniciar o proceso de proba de funcionamento (eran momentos de certa tensión). Con todo aquel caos de cables, que máis adiante haberá que ordenar, a Prusabrañas ten este aspecto.


A primeira proba foi ver se funcionaba o hotend, con resultado positivo, saía o plástico de forma correcta, logo pasamos a facer unha peza, ahí xa empezaron a verse cousas raras como era o desprazamento de capas e liñas fora do sitio. Haberá que ver cal é o problema e seguir coa posta a punto. Estes foron os resultados, preme na imaxe para ver o vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=-STxDW3IMz0&feature=youtu.be


A volta das vacacións poñeremonos de novo co proxecto, agora toca descansar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario