martes, 4 de febrero de 2014

Na última reunión de traballo realizamos unha serie de tarefas para organizar mellor os cables da impresora e que quedase máis vistoso e cómodo para traballar. Para isto acortamos os cables para que non fosen tan longos, volvemos a soldar con estaño as conexións dos cables e agrupámolos en varios lotes con tubo de plástico para que non abultasen tanto.

Ademáis colocamos tamén unha peza de plástico sobre o ventilador do extrusor para que solo lle aportase aire a zona de refrixeración. Esta peza deseñámola con Openscad e foi a primeira peza fabricada pola propia Prusabrañas para mellorar o seu rendemento.

Foto impresora 3D cos cables recollidos.

1 comentario:

  1. Facía tempo que non entraba por aquí e... parabéns!! A verdade é que fuchedes ben rápido coa impresora, a nós aínda nos falta un bon cacho!

    Agora a deseñar moitas pezas e a fundir moito plástico!
    Disfrutade!

    ResponderEliminar